Escudo Concello de Vigo

Actualidade

SALA DE ARQUEOLOXÍA-MUSEO DE CASTRELOS - (MUSEO DE CASTRELOS)

Ata o 31-12-2017

Museo Quiñones de León de Castrelos (parque de Castrelos s/n, 36213 Vigo)

Horario: De martes a venres: 10:00 h a 14:00 h Sábados: 17:00 h a 20:00 h - Domingos e festivos: 11:00 h a 14:00 h Luns pechado (incluídos festivos)

Gratuíto

Concellería de Cultura

Presenta os restos arqueolóxicos máis importantes da cidade de Vigo e a súa bisbarra en tres seccións: Prehistoria, Cultura Castrexa e Romanización. Na primeira destacan as ferramentas líticas, cerámicas ou enxovais como o da Cista de Atios, tumba da idade do Bronce. Da cultura castrexa, o Castro de Vigo ten papel destacado como orixe remota da cidade. Á romanización corresponde o destacado conxunto de estelas funerarias dos séculos II-III d.C., que deron lugar á creación da sala en 1959, cuxo magnífico estado de conservación permite a lectura das súas variadas inscricións.