Escudo Concello de Vigo

Actualidade

"CAROLINA BONFIM. 90 MOVEMENTOS SOBRE TECHNOGYM G6508D" - (ANEXO MUSEO MARCO)

Ata o 02-04-2017

Museo de Arte Contemporánea de Vigo MARCO. Anexo (r/ Príncipe 54, 36202 Vigo)

Horario: APERTURA (20-01-17): 20:00 h RESTO PERÍODO EXPOSITIVO: martes a sábado (festivos incluídos): 11:00 h a 14:30 h e 17:00 h a 21:00 h Domingos: 11:00 h a 14:30 h - Pechado os luns

Gratuíto

Fundación MARCO, coa colaboración da Concellería de Cultura

Esta mostra é o terceiro proxecto do ciclo PROBLEMÁTICAS. Artistas no relato incompleto, comisariado por Chus Martínez Domínguez.

O traballo de Carolina Bonfim (São Paulo, Brasil, 1982) xira en torno ao corpo, á xestualidade como pregunta. O proxecto específico 90 movementos sobre TECHNOGYM G6508D supón unha nova escala na liña de investigación que vén desenvolvendo desde hai seis anos, relacionada co estudo de accións corporais comúns, triviais, como andar, mirar, bailar ou sentarse. A exposición proponse como un arquivo, un espazo de observación e estudo dunha acción rexistrada na experiencia de correr, neste caso nunha cinta modelo Technogym G6508D. Con este exercicio, a artista experimenta, dende a súa subxectividade, a xestualidade do outro para expandir o seu particular repertorio corporal e manter activa a capacidade de ter, e ser, un corpo plural.