Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Museo do Mar de Galicia - Exposición Permanente

Evento permanente

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo. Teléfono: 986 247 750

Horario:

Horario de Inverno (16 setembro - 14 xuño):

Luns: Pechado (os luns que cadren en festivo rexerá o horario do domingo).

Martes a Domingo: De 10 a 14 horas e 17 a 19 horas.

Horario de Verán (15 xuño – 15 setembro):

Luns: Pechado (os luns que cadren en festivo rexerá o horario do domingo).

Martes a Domingo: De 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas.

Os días 25 de decembro, 1 e 6 de xaneiro o Museo permanecerá pechado. Os días 24 e 31 de decembro só abrira en horario de mañá.

Xeral: 3 euros (acceso a todas as instalacións). Xeral reducido: 1,50 euros (estudantes, xubilados, parados, grupos de máis de 10 persoas, menores 18 anos). Nenos menores de 8 anos e grupos de colexio: Gratis. Acuario: 2 euros. Acuario reducido: 1 euros (estudantes, xubilados, parados, grupos de máis de 10 persoas, menores 18 anos).

O Museo do Mar de Galicia é un lugar onde comprender a larga vinculación histórica dos galegos co mar a través do seu aproveitamento e coñecemento.

Facendo o percorrido polas súas salas o visitante coñecerá a actividade pesqueira en tódolos seus ámbitos, así como o seu desenvolvemento no descorrer da historia: a pesca, o marisqueo e a acuicultura, os métodos de conservación, dende o primitivo salgado ata o moderno conxelado, os avances técnicos nas embarcacións ou a bioloxía mariña. O percorrido complétase cunha visita ao acuario do Museo, onde se poden observar os principais ecosistemas que se atopan entre o propio peirao do Museo e a costa acantilada das Illas Cíes. Comecemos pois unha visita que de seguro fará que a partir de hoxe o visitante se sinta un pouco máis mariñeiro.

Exposicións permanentes:

- 25 séculos de oceanografía

- O cachalote de Sanxenxo. Historia dun varamento.

- O gabinete de curiosidades científicas

- Barcos en miniatura

- ¿Qué é a pesca

- Extracción

- Conservación

- Comercialización

- Castro da Punta do Muiño de Vento

Museo do Mar de Galicia

Teléfono: 986247750

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo. Teléfono: 986 247 750

Web: http://www.museodomar.com