Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Salinae (Centro Arqueológico do Areal) - Exposición Permanente

Evento permanente

Rúa Rosalía de Castro n. 21-23. 36201 Vigo

Horario:

De martes a venres: de 11 a 14 horas e de 16 a 18 horas.

Sábados domingos, festivos e periodos de vacacións escolares: de 11 a 14 horas.Os días 25 de decembro, 1 e 6 de xaneiro o museo permanecerá pechado. Os días 24 e 31 de decembro só abrirá en horario de mañá.

Gratuito.

Interesante percorrido para coñecer a historia da única salina mariña de evaporación solar conservada e musealizada de todo o Imperio Romano.

Un xacemento que, polo seu excelente estado de conservación, permite entender o funcionamento dunha instalación salineira e como os romanos producían o sal na superficie das cubetas.

A exposición ofrece, ademais, a posibilidade de descubrir o interesante mundo do sal, a súa historia, algúns dos sistemas empregados para a súa obtención e os diferentes usos que os romanos lle deron a este importante produto.