Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Castro de Vigo - Exposición Permanente

Evento permanente

Paseo Cronista Xosé M. Álvarez Blázquez 16-18, 36203 Vigo.

Horario: De outubro a decembro: De mércores a vernes, e domingos: de 11 a 13 horas. Sábados de 16 a 18 horas.

Gratuito

O Castro de Vigo localízase no monte do Castro, situado en pleno centro urbano da cidade. As escavacións efectuadas ao longo do pasado século, na aba nordeste do monte, permitiron recuperar unha vintena de construcións e numerosas estruturas escavadas na rocha correspondentes a canles, pías, buratos de poste, etc.

Os restos escavados son unha pequena parte dun poboado castrexo que se estendería polas abas do monte, habitado entre o século II a.C. e o século III d.C.