- Inicio
- Actualidade
- Axenda
Actualidade
Axenda
- Xoves 26/04/2012
- Exposición: Alumnos de Escenografía da ESAD de Vigo.Maquetas, debuxos e deseños de espazo escénico (09:00)
-
Exposición de Amaya González Reyes: Entrar na obra. Perder(se) nela
(11:00) - Exposición: Presenza activa.Acción, obxecto e público (11:00)
- Exposición El hermoso rostro del país (11:00)
- Curso de Cociña para nenos (11:00)
- A Fundación Barrié ampliou a súa colección de pintura internacional con 21 novas adquisicións de 18 artistas (12:00)
- Exposición «Vieira da Silva & Arpad Szenes. Traxectorias paralelas» (18:00)
- 2ª entrega ciclo de cine "‘Nos vieiros da mente’. Adicado a integración social das persoas afectadas por enfermidades mentais. (20:30)
- XVIII Ciclo de Jazz: Matthew Simon & MBM Trio + Jam Session con músicos gallegos (20:30)
- Espectáculo teatral "Ai, Carmela!". (20:30)
09:00 Exposición: Alumnos de Escenografía da ESAD de Vigo.Maquetas, debuxos e deseños de espazo escénico
- Lugar: Sala de exposicións da Casa da Xuventude
rúa López Mora,31 - Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00
- Datas: Ata ó 04/05/2012
- Lugar: Marco, Museo de Arte Contemporáneo
Salas de exposición do primeiro andar
Rúa do Príncipe - Horario: Martes a sábados (festivos incluídos) de 11.00 a 21.00
Domingos, de 11.00 a 15.00 - Datas: Ata ó 20/05/2012
- Lugar: Marco, Museo de Arte Contemporánea
Sala de Exposicións planta baixa
Rúa do Príncipe 54 - Horario: martes a sábados de 11.00 a 21.00
domingos de 11.00 a 15.00
lunes cerrado - Datas: Ata ó 20/09/2012
- Lugar: Pinacoteca Municipal Francisco Fernández del Riego
Abeleira Menéndez,8 36202 Vigo - Horario: De Martes a Domingo de 11:00h.-13:30h. y de 17:30h. a 20:00h.
- Datas: Permanente
- Lugar: Centro Social Novacaixagalicia
Policarpo Sanz 24 - Horario: De 11:00 a 13:00 horas
Curso de cociña para nenos e nenas de idades comprendidas entre os 10 e os 14 anos A actividade comeza o próximo día 31 de marzo e continúa os sábados 14, 21 e 28 de abril, en horario de 11.00 a 13.00 h. - Prezo: 40 euros
- Datas: Ata ó 28/04/2012
- Lugar: Fundación Pedro Barrié de la Maza
Policarpo Sanz 31 - Horario: De martes a domingo, festivos incluidos: 12 a 14 e 18 a 21h
- Datas: Permanente
- Lugar: Sala de Exposicións do Centro Cultural de Novacaixagalicia
- Horario: * Luns a venres de 18 a 21:30 horas.
* Sábados, domingos e festivos de 11 a 14 e de 18 a 21:30 horas.
- Datas: Ata ó 06/05/2012
- Lugar: Centro Cultural Novacaixagalicia
- Horario: 20:30 horas
- Datas: Ata ó 08/05/2012
- Lugar: Teatro Salesianos
Rúa Venezuela - Horario: 20:30 horas
- Datas: 26/04/2012
- Lugar: Centro Cultural Novacaixagalicia
- Horario: 20:30 horas
- Prezo: Máis información en www.obrasocialncg.com.
Entradas á venda na billeteira telefónica no 902 504 500 e en www.servinova.es. - Datas: 26/04/2012
"Exposición de traballos escenográficos, na súa
maioría para obras teatrais, dos alumnos de escenografía da Escola
Superior de Arte Dramática de Vigo. Poderanse ver maquetas, debuxos e
deseños de espazo escénico".
11:00 Exposición de Amaya González Reyes: Entrar na obra. Perder(se) nela
COMISARIOS
Agar Ledo Arias e Iñaki Martínez Antelo
PRODUCIÓN
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Amaya González Reyes (Sanxenxo, Pontevedra, 1979) reserva para o espectador un espazo propio e emprázao a descifrar as obsesións da artista; un aspecto que se relaciona co título —ou subtítulo— elixido para a súa proposta: ‘Entrar na obra. Perder(se) nela’.
A exposición reúne un conxunto de doce obras, de nova produción, realizadas en 2011, que inclúen instalacións ou esculturas/obxectos, ademais dunha videoproxección e cinco fotografías da serie Asalto (est)ético.
‘Entrar na obra’ é un ciclo de exposicións que se está a desenvolver nas salas do primeiro andar do MARCO. O título do ciclo está tomado da célebre peza de Giovanni Anselmo Entrare nell’opera (1971), emulsión fotográfica sobre lenzo, na que o artista se fotografa a si mesmo atravesando unha aba nunha acción que interpretamos como reveladora sobre a relación entre o artista e a súa obra e entre o espazo e o tempo. O artista altera o seu papel e xera unha situación de integración, ante a que tamén reacciona o espectador, que, se ben non entra fisicamente na obra, participa sendo testemuña desta ruptura dos límites tradicionais que separan suxeito e obxecto. O significado último reside, pois, na reacción do espectador.
11:00 Exposición: Presenza activa.Acción, obxecto e público
ARTISTAS
Maja Bajević, John Bock, Gary Hill, Thom Kubli, Mads Lynnerup, Alastair MacLennan, Sergio Prego, La Ribot, Carlos Rodríguez-Méndez, Sue-C+AGF
A acción e a instalación, como disciplinas artísticas, son espello unha da outra. De feito, ambas as dúas están baseadas no mesmo principio de presenza; de presenza activa. Na performance, a presenza do artista; na instalación, a do espectador. Así, reflectidas unha na outra, instalación e acción toman direccións opostas pero superpostas, creando un eixe entre dous polos —o artista e o espectador— ao longo do cal existen infinitas posibilidades de interacción. Nun extremo, o espectador convértese en participante, e no oposto, a presenza física do artista pódese volatilizar.
11:00 Exposición El hermoso rostro del país
La exposición desarrolla a lo largo de 10 secciones, articuladas tematicamente, algunas de las líneas que consideramos más significativas en la evolución de nuestra pintura -y complementariamente de nuestra escultura- de los siglos XIX y XX, núcleo fundamental de la colección.
Las secciones de la exposición son:
1.-Costumbrismo, primitivismo e identidad.
2.-Mater Gallaecia
3.-Escenarios
4.-Naturaleza muerta
5.-Retrato
6.-Europa
7.-Sentimiento de tierra
8.-Temática social
9.-Entre la abstracción y la nueva figuración
10.-Fragancia Atlántica
11:00 Curso de Cociña para nenos
Nenos de 10 a 14 anos
Para participar no curso, farase a reserva a través da páxina web www.servinova.es.
"Cociñar tamén é xogar, aprender, e unha forma exquisita de educar."
Co obxectivo de que, a través do xogo, os nenos e nenas se introduzan no traballo de elaboración de pratos e sobremesas, Novacaixagalicia presenta os seus cursos de cociña xuvenís. Aprender a arte culinaria sendo novo fomenta a actividade manual, a autonomía, a creatividade, a aprendizaxe nutricional e dilúe as fronteiras entre a necesidade, a utilidade e o pracer do xogo.
Da man de Juana Portela, elaboraranse madalenas de chocolate, hamburguesas vexetais, boliños mariñeiros con puré de pataca, ovos na carroza, mazás asadas con froitos secos ou torradas de leite e canela. Cada neno traballará de xeito individual para facer os seus pratos que degustará, logo, coa súa familia, ao tempo que se reforzan, ademais, os hábitos de hixiene, orde e cortesía. Novacaixagalicia dotará os participantes dos materiais necesarios: alimentos e ingredientes gastronómicos, un mandil e as bolsas debidamente precintadas para levar os pratos á casa.
12:00 A Fundación Barrié ampliou a súa colección de pintura internacional con 21 novas adquisicións de 18 artistas
Trátase de obra dos artistas Jessica Stockholder, Shinique Smith, Joãou Penalva, Manuel Caeiro, Gil Heitor Cortesãou, Gerardo Burmester, Albano Afonso, Manuel Vilariño, José Pedro Croft, Perejaume, Ignasi Aballí, Fachendoso González, Rita Magalhãé, Simeón Saiz Ruiz, Teo Soriano, Tracey Moffatt, Yves Oppenheim e Helmut Dorner.
A Fundación abre así o terceiro ano da súa colección de pintura contemporánea incorporando algúns artistas que traballan sobre a historia da pintura desde outros soportes como a fotografía ou a instalación.
Obra de Yves Oppenheim
-Documento Informativo (pdf)
18:00 Exposición «Vieira da Silva & Arpad Szenes. Traxectorias paralelas»
Aarte de Vieira da Silva e de Arpad Szenes, dous pintores unidos no traballo e na vida. As obras que conforman a mostra, recollidas tamén nun catálogo, pertencen á colección da Fundación Arpad Szenes-Vieira da Silva de Lisboa, creada en 1990 para a difusión da produción de ambos artistas. Unha cincuentena de pezas, 28 de Vieira da Silva e 22 de Arpad Szenes, articulan un discurso expositivo organizado desde un punto de vista cronolóxico que arranca con dous cadros de 1930, ambos retratos da pintora: un autorretrato e un retrato dela pintado por Arpad. A partir de aí comeza o percorrido, arredor das súas traxectorias, que finaliza no caso de Vieira da Silva cun óleo de 1983 e, no caso de Arpad Szenes, cunha pintura de 1979.
20:30 2ª entrega ciclo de cine "‘Nos vieiros da mente’. Adicado a integración social das persoas afectadas por enfermidades mentais.
Logo da boa acollida no 2011 do ciclo de cine ‘Nos vieiros da mente’ o Centro Cultural Novacaixagalicia en Vigo recibirá mañá xoves, 16 de febreiro, a primeira proxección da segunda entrega deste ciclo, organizado pola entidade nos comezos de 2012.
En total e até o 8 de maio, no Centro Cultural Novacaixagalicia en Policarpo Sanz, proxectaranse oito títulos actuais que dan mostra de diferentes patoloxías dende perspectivas antagónicas. Dende o alcoholismo e a xenialidade de O borracho, de Barbet Schroeder, á dantesca e arrepiante comedia de Darren Aronofsky con Réquiem por un soño, sen esquecer a intelixencia, sinceridade e bo humor con que Bicicleta, culler, mazá trata o Alzheimer de Pascual Maragall.
Nun único pase ás 20.30 horas, previa retirada das invitacións o mesmo día a partir das 17.00 horas.
Esta iniciativa ponse en marcha coa colaboración do Servizo Galego de Saúde e o seu proxecto NISE, que traballa para a non estigmatización social dos afectados por enfermidades mentais.
20:30 XVIII Ciclo de Jazz: Matthew Simon & MBM Trio + Jam Session con músicos gallegos
O trompetista californiano fincado en España Matthew Le Simon participou en múltiples proxectos xunto a músicos clave da música moderna e o jazz nacional e internacional. A lista inclúe a Celia Cruz, Perico Ponte, Guy Laffite, Ao Cohn, Tete Montoliu, Jerry Lewis, Natalie Cole, Dave Liebman e un longo etcétera. Posúe ademais unha dilatada experiencia docente, como profesor de trompeta e improvisación na Fundació Aula de Música de Barcelona desde 1982 e de trompeta jazz na Escola Superior de Música de Catalunya.
20:30 Espectáculo teatral "Ai, Carmela!".
Coa interpretación de Josito Porto e Melania Cruz, dirixidos por Tito Asorey
"un canto á dignidade humana ainda en circunstancias ao límite"
A obra, é unha mestura do xénero do cabaré, o teatro musical, a comedia e o drama. Conta a historia de dous cómicos, Carmela e Paulino,quen, durante o inverno de 1938, son arrestados polo bando nacional e obrigados a realizar unha función para celebrar a vitoria na batalla do Ebro perante un público no que hai varios mozos condenados a morte. Paulino, procurando a súa supervivencia, aceptará facelo, Carmela, fiel ao seu sentido da xustiza e solidariedade, remata por non aceptar as ordes recibidas, o que supoñerá a súa morte. A obra estrutúrase a través das aparicións de Carmela, xa defunta, ante un Paulino que tenta seguir convivindo coa súa derrota.
Ai, Carmela! nútrese das tradicións galegas que teñen que ver co alén, coa aparición de defuntos, coa Santa Compaña, e achega, así, o texto do dramaturgo valenciano á nosa cultura popular.

