Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Avisos de tráfico

Establecemento de sentidos de tráfico en Venezuela 25_41

Data de publicación: 04-12-2019

Data de inicio: 04-12-2019

Data de fin: 31-01-2020

Poñemos en coñecemento do público en xeral que para mellorar a circulación viaria modifícase polo Departamento de Seguridade e Mobilidade, a sinalización vial do seguinte xeito: Establécese sentido único no ramal da rúa Venezuela entre os números 25 e 41 (Panamá e Arzobispo Xelmírez) cara a Arzobispo Xelmírez. O autobús urbano e os taxis poderán circular polo carril de Venezuela paralelo ao parque infantil. Os vehículos de Simón Bolívar descendente dende Bolivia terán permitido tamén o xiro á esquerda sentido cara ao Concello, dende o 4 de decembro de 2019 ás 00:00 horas.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.