Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Avisos de tráfico

Plan de Mobilidade Nadal 2019

Data de publicación: 22-11-2019

Data de inicio: 23-11-2019

Data de fin: 12-01-2020

MOBILIDADE

?PRENDIDO DO ALUMEADO DE NADAL?

Sábado 23 de novembro de 2019

Co gallo do ?PRENDIDO DO ALUMEADO DE NADAL? adoptaranse as seguintes medidas en materia de tráfico e seguridade para o sábado, 23 de novembro de 2019:

En previsión de gran afluencia de público existe un Plan de Autoprotección que garante a seguridade no desenrolo do evento. Adoptaranse as seguintes medidas e recomendacións:

HORARIOS

Ás 20:30 horas terá o prendido do alumeado de nadal, prográmase un corte da trafico conxunto as 16:30 horas dende Paseo Alfonso XII, rúa de Elduayen, Porta do Sol, rúas de Policarpo Sanz, Colon e Urzaiz ata Gran Vía e rúas adxacentes con hora estimada de finalización as 00:00.

RECOMENDACIÓNS

Para mellorar a seguridade do evento infórmase de que:

? A capacidade prevista no contorno da Porta do Sol é limitada, estimada en 13.000 persoas, polo que unha vez superado este número os corpos de seguridade poderán tomala decisión de limitar os accesos dende a rúa do Principe a altura de Velázquez Moreno, dende a rúa de Elduayen a altura de San Vicente e dende a rúa de Policarpo Sanz á altura de Velázquez Moreno, e demais accesos.

? Existen pantallas de emisión en directo do evento situadas: no cruzamento da rúa do Príncipe coa de Velázquez Moreno; na rúa de Policarpo Sanz fronte ao teatro García Barbón, na rúa de Rosalía de Castro coa de Serafín Avendaño; na de Colon coa de García Barbón, na rúa de Urzaiz na Farola, e no cruzamento desta coas rúas de Lepanto e da República Arxentina.

? Eviten o uso do vehículo privado. Ás rúas cortadas ao tráfico non se poderá acceder dende as horas establecidas, polo que cumpriría que acudan ás súas proximidades preferiblemente a pe ou en transporte público.

? Non accedan, por seguridade, á zona de maior afluencia de público con carros de nenos, bicicletas, VMP e mascotas.

? Respecten os corredores de evacuación e zonas de paso delimitado nos laterais da Porta do Sol

? As persoas residentes na zona afectada polos cortes de trafico deberán evitar o uso do vehículo particular nas horas do evento

? Atendan as instrucións da Policía Local, Protección Civil, Bombeiros e persoal de seguridade da organización.

? Haberá espazos (limitados) para persoas con mobilidade reducida e acompañante no entorno da árbore, con acceso exclusivo pola rúa do Dr. Cadaval ata as 19:00.

RESTRICIÓNS E CORTES DE TRÁFICO

Con motivo do evento prohíbese nas rúas afectadas:

? A venda ambulante

? O estacionamento de motos

? A montaxe de terrazas

Cortarase ao tráfico, para montaxe de pantallas dende as 9:00 do 23 de novembro un carril da rúa de Lepanto, e un carril na de Colón entre as rúas de Rosalía de Castro e García Barbón.

Cortarase o tráfico nas rúas seguintes dende as 16:00 do sábado 23 de novembro ata finalizado o evento:

? -Paseo de Alfonso XII e Elduayen

? -Porta do Sol

? -Méndez Nuñez con Chao

? -Dr. Cadaval dende a rúa Lopez de Neira

? -Reconquista entre Marqués de Valadares e Policarpo Sanz

? -Policarpo Sanz entre Porta do Sol e Colón

? -García Barbón entre Colón e Pontevedra

? -Colón entre Policarpo Sanz e Urzaiz

? -Urzaiz entre Colón e Lepanto

? -Gran Vía descendente entre praza de España e a rúa de Urzaiz (excepto bus urbano)

? -Gran Vía ascendente dende Urzaiz

? -Magallanes e Gil

? -Cervantes con acceso exclusivo para residentes dende Alfonso XIII

? -Accesos a rotonda de Rosalía de Castro con Serafín Avendaño

DESVÍOS

Establécense os seguintes desvíos de tráfico:

Acceso a AP9 por Baixada á Estación e rúa de Lepanto habilitado en sentido contrario.

? A aqueles vehículos que circulen polas rúas de Sanjurjo Badía, García Barbón, Areal recoméndaselles os túneles de Areal-Beiramar.

? Recoméndase circular pola Avd Beiramar para os que leven destino Teis e polas rúas da Coruña-Gran Vía para os que vaian con dirección Travesía de Vigo.

? Aos vehículos procedentes da autoestrada AP9 recoméndaselles a saída pola rúa de Isaac Peral ou pola de Buenos Aires.

? Os vehículos que procedan do Calvario pola rúa Urzaiz serán desviados no cruzamento coas rúa de Vázquez Varela ou Baixada á Estación.

? Recoméndase a utilización da circunvalación de Arquitecto Palacios.

? Aconséllase aos vehículos que procedan da praza de España con destino á zona de Beiramar a utilización da Gran Vía, Praza de América e rúa Coruña para chegar ao seu destino.

? Aconséllase aos vehículos que procedan da praza de España con dirección ás rúas Alfonso XIII e García Barbón desviarse pola rúa de Pizarro.

? Os vehículos que circulen pola rúa de Rosalía de Castro ou de García Barbón cara ao centro desviaranse pola rúa da República Arxentina ou de Pontevedra cara a rúa de Areal dirección á praza de Compostela ou túneles.

POSTOS DE EMERXENCIA E ATENCIÓN CIDADÁ

? Punto de encontro de nenos e obxectos perdidos: Establecerase na rúa de Policarpo Sanz diante do teatro García Barbón. No caso de perdas de nenos/as, compre dirixirse aos voluntarios/as de Protección Civil, Cruz Vermella, organización e aos axentes da Policía Local.

? Centro de coordinación do evento nas oficinas da Policía local

? Posto de coordianción médica: Establecerase na rúa de Policarpo Sanz diante do teatro García Barbón

? Posto de información e atención cidadá: Establecerase na rúa de Policarpo Sanz diante do teatro García Barbón

? Ambulancias: Dr. Cadaval, Elduayen, Urzaiz (á altura de Farola e próximo á rúa de Lepanto), Urzaiz coa rúa de Lepanto e en Rosalía de Castro coa rúa de Inés Pérez de Zeta

? Bombeiros: En Urzaiz con Reconquista, Policarpo Sanz 7 e Colón con Marques de Valladares.

SERVIZO DE AUTOBÚS URBANO

As paradas de bus urbano máis próximas á zona pechada ao tráfico serán:

? Dende Teis a parada mais próxima será a de Garcia Barbón 7

? Dende Coia e Urzaiz : Zona de Gran Vía

ACCESOS AOS PARKING DENDE AS RÚAS CORTADAS AO TRÁFICO:

Permitirase o acceso dende as rúas indicadas ata as 18:00

? Policarpo Sanz-García Barbón: Accesos dende Reconquista e dende García Barbón

? Velázquez Moreno: Acceso dende Reconquista. A saída non estará habilitada ata as 22:00.

? Colón Centro (Colón), Urzaiz acceso dende Colón. A saída non estará habilitada ata as 22:00.

? El Dorado (Uruguai) acceso dende Colón.

? Rosalía de Castro (Inés Pérez de Zeta) acceso dende Areal

PLAN DE MOBILIDADE

?CORTES DE TRÁFICO NO CENTRO DA CIDADE DURANTE O NADAL?

Dende o 24 de novembro ata o 12 de xaneiro

Co gallo do aumento da presenza de peóns durante o NADAL no centro da cidade adoptaranse as seguintes medidas en materia de tráfico e seguridade os venres, sábados, domingos, festivos e vésperas de festivos entre as 18:00h e as 2:00h

CORTES DE TRÁFICO

Dende o 24 de novembro ata o 12 de xaneiro, os venres, sábados, domingos, festivos e vésperas de festivos entre as 18:00h e as 02:00h

? -Paseo de Alfonso XII e rúa de Elduayen descendente

? -Porta do Sol

? -Rúa de Policarpo Sanz entre Porta do Sol e rúa da Reconquista

? -Rúa de Hernán Cortés entre as rúas de Urzaiz e de María Berdiales

Dende o 24 novembro ata o 12 de xaneiro.

? -Carril bus descendente da rúa de Urzaiz entre as rúas de República Arxentina e de Policarpo Sanz

? -Rúa do Dr. Cadaval dende rúa de López de Neira ata a Porta do Sol

? -Rúa Progreso entre Ronda de Don Bosco e Velázquez Moreno

DESVÍOS

Establécense os seguintes desvíos de tráfico:

? A aqueles vehículos que circulen polas rúas de Sanjurjo Badía, García Barbón, Areal recoméndanse os túneles de Areal-Beiramar.

? Recoméndase circular pola Avd. Beiramar para os que leven destino Teis e polas rúas da Coruña-Gran Vía para os que vaian con dirección Travesía de Vigo.

? Aos vehículos procedentes da autoestrada AP9 recoméndanse a saída pola rúa de Isaac Peral.

? Aconséllase aos vehículos que procedan da praza de España con destino á zona de Beiramar a utilización da Gran Vía, praza de América e rúa da Coruña para chegaren ao seu destino.

POSTOS DE EMERXENCIA E ATENCIÓN CIDADÁ

? Posto preventivo sanitario: Unidade móbil cun Servizo Preventivo Sanitario, as fins de semana e festivos dende o 24/11/2019 ao 11/01/2020 de 18:30h a 21:30h

? Unidade móbil do Servizo de Protección Civil na rúa do Dr. Cadaval, praza Colexio Arquitectos, fins de semana e festivos dende o 24/11/2019 ao 12/01/2020 de 18:30h a 20:30h horas

SERVIZO DE AUTOBÚS URBANO

As paradas de bus urbano afectadas máis próximas á zona pechada o tráfico serán:

? Pi i Margal 1 sentido centro

? Pi i Margal (Asilo) cara a praza América

? A parada de bus urbano ascendente da rúa de Colón quedará establecida á altura do n 26

? Na rúa de Policarpo Sanz cara ao centro no n 40

? Sentido centro dende Teis en García Barbón 7 e Areal 18

Solicítase a máxima colaboración cidadá.