Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Avisos de tráfico

Cortes tráfico por montaxe de instalacións de nadal no entorno da Alameda e Rosalía de Castro

Data de publicación: 08-11-2019

Data de inicio: 06-11-2019

Data de fin: 20-01-2020

Informase que por mor da montaxe de instalacións de nadal no entorno da Alameda dende o 06/11/2019 ata o 20/01/2020 permanecerá pechado ao tráfico o cruzamento de Colón con Areal. Desvíos recomendados polo túnel de Beiramar, acceso exclusivo a residentes, hoteles e servizos pola rúa posterior a Alameda (Areal 01_05) cara a Concepción Arenal, Luis Taboada e García Olloqui. Pechadas as rúas: Areal, entre República Arxentina e Colón. Compostela, entre Colón e Velázquez Moreno. Colón, entre Areal e Marqués de Valladares. Acceso exclusivo a residentes e parkings en dobre sentido de circulación na Praza Compostela entre Colón e Velázquez Moreno e en Colon entre Areal e Marqués de Valladares. Mentres dure o peche, establécese dobre sentido de circulación na rúa Pontevedra exclusivo para servizo público en sentido ascendente.

Informase que por mor da montaxe de instalacións de nadal en Rosalía de Castro, dende o 12/11/2019 ata o 20/01/2020 permanecerá pechada ao tráfico a rúa Rosalia de Castro, entre Inés Pérez de Zeta e República Arxentina. Quedará cortado o acceso a Inés Pérez de Zeta dende Rosalía de Castro.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.