Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Avisos de tráfico

Corte tráfico Camelias, entre Romil e Hispanidade

Data de publicación: 30-01-2019

Data de inicio: 04-02-2019

Data de fin: 02-04-2019

Poñemos en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de humanización, a realizar pola empresa Civis Global Sl , estará pechado ao tráfico o sentido cara a Hispanidade da rúa CAMELIAS(AVDA) entre Romil e Hispanidade. Os desvíos, debidamente sinalizados, establécense polas rúas Romil, Cachamuíña, Blein Budiño, dende o 4 de febreiro de 2019 ás 10:00 horas e por un período aproximado de dous meses.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.