Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Avisos de tráfico

Corte tráfico o sentido Centro da rúa ROSALIA DE CASTRO entre García Barbón e Serafín Avendaño

Data de publicación: 07-12-2018

Data de inicio: 14-12-2018

Data de fin: 14-12-2018

Poñemos en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de formigonado, a realizar pola empresa Dragados, S.A. , estará pechado ao tráfico o sentido Centro da rúa ROSALIA DE CASTRO(RUA) entre García Barbón e Serafín Avendaño (VIGO) , con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga descarga, o 14 de decembro de 2018 dende as 09:00 horas e por un período aproximado de seis horas. Desvíos por García Barbón e Serafín Avendaño.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.