Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Avisos de tráfico

Plan de Mobilidade Peonil polo Nadal

Data de publicación: 05-12-2018

Data de inicio: 05-12-2018

Data de fin: 06-01-2019

PLAN DE MOBILIDADE

?CORTES DE TRÁFICO NO CENTRO DA CIDADE DURANTE O NADAL?

Dende o 05 de decembro ata o 6 de xaneiro

Co gallo do aumento de presenza de peóns durante o NADAL no centro da cidade adoptaranse as seguintes medidas en materia de tráfico e seguridade os venres, sábados, domingos, festivos e vésperas de festivos entre as 18:00 e as 22:00

CORTES DE TRÁFICO

Dende o 05 de decembro ata o 6 de xaneiro, os venres, sábados, domingos, festivos e vésperas de festivos entre as 18:00 e as 22:00

-Paseo de Alfonso e Elduayen descendente

-Porta do Sol

Carril bus descendente entre República Arxentina e Policarpo Sanz

Gran vía ascendente entre Urzaiz e María Berdiales. Permitirase, con apoio de sinalistas, o paso de autobús turístico con saídas dende Policarpo Sanz as 18:30-19:30 e 20:30

Dende o 05 decembro ata o 6 de xaneiro. Tódolos días.

-Dr. Cadaval dende rúa López de Neira

DESVÍOS

Establécense os seguintes desvíos de tráfico:

Aqueles vehículos que circulen Sanjurjo Badía, García Barbón, Areal recomendase os túneles de Areal-Beiramar.

Recoméndase circular pola Avd. Beiramar para os que leven destino Teis e pola rúa Coruña-Gran Vía para os que vaian con dirección Travesía de Vigo.

Os vehículos procedentes da autoestrada AP9 recomendase a saída por Isaac Peral.

Aconséllase aos vehículos que procedan da praza de España con destino á zona de Beiramar a utilización da Gran Vía, Praza de América e rúa Coruña para chegar ao seu destino.

SERVIZO DE AUTOBÚS URBANO

As paradas de bus urbano afectadas máis próximas o zona pechada o tráfico serán:

Paseo Alfonso será en Falperra

A parada de bus urbano ascendente de Colón quedará establecida a altura do n26 , dende o 05 de decembro de 2018 ás 10:00 horas.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.