Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Avisos de tráfico

103726/210. Cortes tráfico por Festas do Nadal

Data de publicación: 05-12-2017

Data de inicio: 05-12-2017

Data de fin: 07-01-2018

Poñemos en coñecemento do público en xeral que por mor das FESTAS DE NADAL, e para facilitar o movemento de peóns, realizaranse dous cortes de tráfico nas tardes dos venres, sábados, domingos, festivos e vésperas de festivo, entre as 18:00 horas e as 22:00 horas. Quedará pechada a rúa Elduayen ata o cruce de Policarpo Sanz con Reconquista e tamén se prohibirá a circulación de vehículos desde o cruce de Colón con Uruguay ata o cruce de Colón con República Arxentina.

Nestes tramos haberá circulación de VITRASA e TAXIS para dar servizo á cidadanía. Permitirase o acceso a garaxes privados e públicos.

Dende o 5 de decembro de 2017 ata o 07/01/2018.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.