Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Avisos de tráfico

103128/210. Corte tráfico Alvaro Cunqueiro, entre Camelias 116 e Pintor José Frau Ruíz

Data de publicación: 08-11-2017

Data de inicio: 13-11-2017

Data de fin: 28-11-2017

Poñemos en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de canalización de saneamento autorizada en exp 79387/250, a realizar pola empresa Fcc Aqualia , estará pechada ao tráfico a rúa ALVARO CUNQUEIRO, treito entre Camelias 116 e Pintor José Frau Ruíz , con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga descarga, dende o 13 de novembro de 2017 ás 10:00 horas e por un período aproximado de duas semanas. Os desvíos debidamente sinalizados, establécense polas rúas: Romil ou Dr Marañón. Mentres dure o peche, para garantir o acceso a López Mora, establécese sentido único en Alvaro Cunqueiro, treito entre Camelias 116 e José Frau, cara a José Frau. E, para garantir as liñas de Vitrasa, establécese dobre sentido en Alvaro Cunqueiro, treito entre Regueiro e Camelias.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.