Actualidade

Avisos

Anuncio de exposición pública de censo electoral

Temática: Estatística

Data de publicación: 14-02-2020

Eleccións ao parlamento de Galicia do 5 de abril de 2020 (Decreto 12/2020, do 10 de febreiro, de disolución do Parlamento de Galicia e de convocatoria de eleccións- DOG núm. 28, do martes, 11 de febreiro de 2020).

Con motivo da convocatoria das eleccións ao Parlamento de Galicia, que terán lugar o 5 de abril de 2020, de conformidade co art. 39.2 da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, de Réxime Electoral Xeral, o Concello de Vigo manterá un servizo de consulta das listas electorais vixentes no municipio durante o prazo de oito días. A exposición pública do Censo Electoral terá lugar entre os días 17 e 24 de febreiro, período durante o que calquera persoa poderá achegar a reclamación que estime pertinente en relación aos seus datos censuais.

A consulta poderá realizarse:

1) Por medios informáticos, na sede electrónica do Concello de Vigo, a través do procedemento Consulta do Censo Electoral

2) No teléfono de consulta: 986 810132 en horario de 9:00 a 13:30 horas.

3) De forma presencial no Concello de Vigo (Servizo de Estatística) en horario de 9:00 a 13:30 horas.

En calquera dos tres supostos, o Concello informará ós interesados sobre o lugar no que lle corresponde exercer o seu dereito a voto (colexio electoral e o seu enderezo, Distrito, Sección e Mesa).

No caso de que o interesado precise outra información adicional, sobre datos incluídos no ámbito de aplicación da normativa de protección de datos de carácter persoal, a consulta soamente poderá realizarse de forma presencial no Servizo de Estatística, previa identificación do interesado con DNI, pasaporte ou permiso de conducir orixinais.

As reclamacións ao Censo Electoral poderán achegarse directamente nas delegacións provinciais da Oficina do Censo Electoral correspondente ou a través do Concello, que as remitirá á respectiva Delegación.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100