Actualidade

Avisos

Cortes de tráfico no centro da cidade durante o Nadal

Temática: Nadal 2019

Data de publicación: 22-11-2019

“CORTES DE TRÁFICO NO CENTRO DA CIDADE DURANTE O NADAL”

Dende o 24 de novembro ata o 12 de xaneiro

Co gallo do aumento da presenza de peóns durante o NADAL no centro da cidade adoptaranse as seguintes medidas en materia de tráfico e seguridade os venres, sábados, domingos, festivos e vésperas de festivos entre as 18:00h e as 2:00h

CORTES DE TRÁFICO

Dende o 24 de novembro ata o 12 de xaneiro, os venres, sábados, domingos, festivos e vésperas de festivos entre as 18:00h e as 02:00h

• Paseo de Alfonso XII e rúa de Elduayen descendente

• Porta do Sol

• Rúa de Policarpo Sanz entre Porta do Sol e rúa da Reconquista

• Rúa de Hernán Cortés entre as rúas de Urzaiz e de María Berdiales

Dende o 24 novembro ata o 12 de xaneiro.

• Carril bus descendente da rúa de Urzaiz entre as rúas de República Arxentina e de Policarpo Sanz

• Rúa do Dr. Cadaval dende rúa de López de Neira ata a Porta do Sol

• Rúa Progreso entre Ronda de Don Bosco e Velázquez Moreno

DESVÍOS

Establécense os seguintes desvíos de tráfico:

• A aqueles vehículos que circulen polas rúas de Sanjurjo Badía, García Barbón, Areal recoméndanse os túneles de Areal-Beiramar.

• Recoméndase circular pola Avd. Beiramar para os que leven destino Teis e polas rúas da Coruña-Gran Vía para os que vaian con dirección Travesía de Vigo.

• Aos vehículos procedentes da autoestrada AP9 recoméndanse a saída pola rúa de Isaac Peral.

• Aconséllase aos vehículos que procedan da praza de España con destino á zona de Beiramar a utilización da Gran Vía, praza de América e rúa da Coruña para chegaren ao seu destino.

POSTOS DE EMERXENCIA E ATENCIÓN CIDADÁ

• Posto preventivo sanitario: Unidade móbil cun Servizo Preventivo Sanitario, as fins de semana e festivos dende o 24/11/2019 ao 11/01/2020 de 18:30h a 21:30h

• Unidade móbil do Servizo de Protección Civil na rúa do Dr. Cadaval, praza Colexio Arquitectos, fins de semana e festivos dende o 24/11/2019 ao 12/01/2020 de 18:30h a 20:30h horas

SERVIZO DE AUTOBÚS URBANO

As paradas de bus urbano afectadas máis próximas á zona pechada o tráfico serán:

• Pi i Margal 1 sentido centro

• Pi i Margal (Asilo) cara a praza América

• A parada de bus urbano ascendente da rúa de Colón quedará establecida á altura do nº 26

• Na rúa de Policarpo Sanz cara ao centro no nº 40

• Sentido centro dende Teis en García Barbón 7 e Areal 18

Solicítase a máxima colaboración cidadá.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100