Actualidade

Avisos

Bando informativo - Suspensión da expedición de permisos de queimas

Temática: Seguridade e Mobilidade

Data de publicación: 07-06-2019

Co inicio da campaña de verán, época de máximo perigo de lumes, faise necesario extremar as medidas de prevención destes.

Durante este periodo, que vai do 1 de xuño até o 30 de setembro, non se poderá realizar ningunha queima de calquera tipo, dentro da zona urbana do termo municipal de Vigo.

Coa finalidade de minimizar ao máximo os efectos socioeconómicos e ecolóxicos dos lumes, suspenderase con carácter xeral, dende o 1 de xuño até o 30 de setembro, a admisión de solicitudes de queimas de produtos do campo (herbas, restrollos, etc...) no Rexistro Xeral (xa sexa presencial ou a través da páxina web do Concello)

Documentación

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100