Actualidade

Avisos

TRANSPORTE PÚBLICO: VITRASA PORÁ EN MARCHA LANZADEIRAS DIRECTAS DENDE A LAXE A BALAIDOS PARA O PARTIDO DO CELTA CO VILLAREAL

Temática: Transporte

Data de publicación: 27-03-2019

Este sábado, 30 de marzo con motivo do encontro entre o RC Celta de Vigo e o Villareal FC, Vitrasa porá en marcha lanzadeiras dende A Laxe ao Estadio co obxectivo de facilitar os desprazamentos dos seguidores celestes que están disfrutando da Festa da Reconquista no Casco Vello. Este servizo contará cunha frecuencia de 15 minutos entre A Laxe e o Estadio de Balaídos con saídas dende as 15:30 ata as 17:30 horas.

Ademais, por A Laxe tamén circulan as seguintes liñas, susceptibles de ser empregadas tamén polos afeccionados:

  • L5A – Frecuencia de 30 minutos. Punto más próximo ao Estadio de Balaídos: Cruce Avda. Florida con C/ Manuel de Castro.
  • L8 – Frecuencia de 60 minutos. Punto más próximo ao Estadio de Balaídos: Estadio Balaídos.
  • L17 Frecuencia de 60 minutos. Punto más próximo a Estadio de Balaídos: Cruce Avda. Castrelos con Avda. Balaídos.

Ao finalizar o encontro establecerase o habitual servizo de “Lanzadeiras Fútbol” que facilitan os desprazamentos cara o centro da cidade, co obxectivo de que os seguidores poidan seguir disfrutando da Festa da Reconquista.


 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100