Actualidade
Temática: Transporte
Data de publicación: 30-11-2018
Os vigueses e visitantes que se acheguen a Vigo durante as festas de Nadal poderán disfrutar da iluminación navideña a bordo do “NadalBus”, o Bus Turístico de Vitrasa que nestas datas se reconvirte para ofrecer aos usuarios unha orixinal e bonita viaxe polas rúas iluminadas de Vigo.
O servizo dará comezo mañá sábado, 1 de decembro ás 19.30 horas. O Alcalde de Vigo será o encargado de inaugurar o NadalBus.
A partir do día 2 de decembro realizará viaxes todos os días ás 18.30, 19.30 e 20.30 horas con tres rutas diferentes en cada horario. O 10 de xaneiro será o último día do servizo.
As tres rutas, dunha hora de duración aproximadamente, comezarán e finalizarán en Policarpo Sanz, 12 (fronte a Casa das Artes) e realizarán os seguintes percorridos:
O prezo do “NadalBus” será a tarifa ordinaria e poderá pagarse coa Tarxeta PassVigo. Os nenos ata os 3 incluídos anos viaxarán de balde.
O NadalBus conta con 47 prazas na parte superior que se cubrirán por orden de chegada. O Bus Turístico levará no seu luminoso a palabra “NADALBUS” para que sexa facilmente identificable por parte dos usuarios.
Este novidoso servizo o que persigue e poder ver a iluminación de Nadal desde outra perspectiva, sobre rodas, evitando o tráfico e as aglomeracións de xente que se producen durante estas datas nas rúas.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100