Actualidade
Temática: Transporte
Data de publicación: 02-11-2018
Vitrasa busca ás viguesas e vigueses nacidos o 31 de xullo de 1968, data na que deu comezo o servizo de transporte urbano na cidade. Trátase dunha orixinal iniciativa que se enmarca no 50 Aniversario da empresa.
Para fomentar a busca, colocaranse carteis ao máis estilo “BÚSCANSE” no interior dos buses e promocionarase a iniciativa dende as redes sociais de Vitrasa.
As viguesas e vigueses localizados terán que poñerse en contacto telefónico no 986 44 15 70 ou deixando unha mensaxe no muro do perfil de Facebook (https://www.facebook.com/Vitrasa/) ou Twitter (https://twitter.com/VitrasaVigo) de Vitrasa aportando unha fotocopia do seu DNI na que se acredite a data e lugar de nacemento. Os agraciados serán convocados a un acto no que se lles obsequiará con 50 viaxes gratuítas e unha viaxe especial a bordo do histórico “Cometa”. A busca dará comezo o luns 5 de novembro e finalizará o día 23 do mesmo mes.
Obsequiarase tamén con 10 viaxes a aquelas persoas que axuden a localizar ao nacidos nesta data.
Qué pasou o 31 de xullo de 1968
O 31 de xullo de 1968 iniciouse o servizo de transporte urbano en Vigo. O día anterior tivera lugar a presentación de toda a frota no Náutico xerando gran expectación entre os veciños, un acto multitudinario no que participaran diversas autoridades e que foi amenizado coa música da Banda Municipal e no que os buses foron bendicidos polo Obispo da Diócese. Ao día seguinte, primeiro día do servizo, as viaxes foron gratuítas para todos os usuarios. Había un total de 35 autobuses e as liñas que deron comezo foron:
BASES CONCURSO “BÚSCANSE AOS VIGUESES NACIDOS O 31 DE XULLO DE 1968”
Dentro do 50 Aniversario da empresa VITRASA VIGUESA DE TRANSPORTES, S.L, Vitrasa,
inscrita no Rexistro Mercantil de Pontevedra, tomo 1154, folio 158, folla PO-4629, CIF. B-36693778 e domicilio social na Carretera de Camposancos, nº 36 - 36213 pon en marcha, a través da súa páxina de Facebook e Twitter, o concurso “Búscanse aos vigueses nacidos o 31 de xullo de 1968” coas seguintes bases:
1- O obxectivo da iniciativa é premiar con 50 viaxes en Vitrasa, un deles abordo do Cometa, a todas aquelas persoas nacidas en Vigo nesta data, que se corresponde co inicio do servizo de transporte urbano na cidade de Vigo.
2- A busca dará comezo o luns 5 de novembro de 2018 e finalizará ás 23.59 horas ó 23 de novembro de 2018.
3- As viguesas e vigueses nadas nesta data terán que poñerse en contacto coa empresa deixando unha mensaxe no muro do perfil de Facebook (https://www.facebook.com/Vitrasa/) ou Twitter (https://twitter.com/VitrasaVigo) de Vitrasa ou chamando ó telefono 986 441 570, indicando que naceron en Vigo ó 31 de xullo de 1968. Posteriormente, seguindo indicacións de Vitrasa, deberán aportar por mail ou a través de mensaxe privada nas anteriores redes sociais, unha fotocopia/imaxe do seu DNI na que se acredite a data (31 de xullo de 1968) e lugar de nacemento (Vigo).
4- Os agraciados serán convocados a un acto que se celebrará en Vigo no que se lles obsequiará con 50 viaxes gratuítas e unha viaxe especial a bordo do histórico “Cometa”. A asistencia a dito evento será condición indispensable para beneficiarse do premio, que se entregará nunha tarxeta PassVigo.
5- Obsequiarase tamén con 10 viaxes a aquelas persoas que mencionen en Facebook ou Twitter a Vitrasa e a un familiar ou amigo nacido en Vigo o 31 de xullo de 1968. Para poder desfrutar do premio a persoa mencionada ten que participar no concurso e acreditar ter nacido nesa data. Concederase un regalo de 10 viaxes gratuítos a un máximo de tres persoas por concursante nacido que efectivamente participe no concurso.
6- Cada participante, familiar ou amigo que referencie a un participante, garante ó organizador a veracidade dos datos subministrados respondendo de calquera reclamación que reciba en caso de incumprimento de tal garantía.
7- De conformidade coa Lei Orgánica 15/1.999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os datos persoales facilitados para a inscrición neste concurso quedarán rexistrados nun ficheiro cuxo responsable é Vitrasa coa fin de xestionar o concurso.
8- A participación neste concurso supón á aceptación íntegra das bases do concurso. Asimesmo, todos os participantes, familiares e amigos que referencien a un participante, manifestan e garanten que autorizan o uso da súa imaxe e nombre a Vitrasa, exclusivamente no marco do presente concurso.
9- O organizador reservase o dereito a realizar modificacions –incluíndo a cancelación ou suspensión anticipada do concurso– e/ou engadir nexos sucesivos sobre estas bases por motivos técnicos, operativos, comerciais, ou de audiencia, publicando sempre estas modificacións e/o anexo na páxina web de Vitrasa www.vitrasa.es
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100