Actualidade

Avisos

TRANSPORTE PÚBLICO: O COMETA VOLVE PERCORRER OS BARRIOS DE VIGO

Temática: Transporte

Data de publicación: 28-10-2018

O Cometa volverá percorrer os barrios de Vigo. O Bus Histórico de Vitrasa visitará nesta segunda fase novos barrios da cidade. Dende o próximo luns 29 de outubro e ata o vindeiro venres 10 de novembro, o Cometa estará en Coia, Lavadores, Zamáns, Cabral, Beade, Bembrive, Candeán, Matamá, Sárdoma e Comesaña. Estes son os días e horarios nos que estará en cada barrio:

• Luns, 29 de outubro de 17.00 a 19.00 horas: Candeán (AAVV)

• Martes, 30 de outubro de 12.00 a 14.00 horas: Zamáns (CUVI-Praza Miralles)

• Martes, 30 de outubro de 17.00 a 19.00 horas: Beade (AAVV)

• Mércores, 31 de outubro de 17.00 a 19.00 horas: Bembrive (AAVV)

• Venres, 2 de novembro de 17.00 a 19.00 horas: Matamá (AAVV-Abanca)

• Sábado, 3 de novembro de 17.00 a 19.00 horas: Comesaña (Igrexa)

• Luns, 5 de novembro de 17.00 a 19.00 horas: Cabral (Mercado-rotonda rúa Tranvía)

• Martes, 6 de novembro de 12.00 a 14.00 horas: Coia (Alcampo)

• Martes, 6 de novembro de 17.00 a 19.00 horas: Lavadores (Escola de Idiomas)

• Mércores, 7 de novembro de 17.00 a 19.00 horas: Sárdoma (rotonda Miraflores)

 

Os veciños poderán subir ao bus e coñecer en primeira persoa como eran os primeiros vehículos que circulaban por Vigo hai 50 anos. Poderán facerse fotografías e ademais, recibirán un folleto explicativo coa historia da empresa.

Hai aproximadamente un mes, o Bus Histórico de Vitrasa percorreu outros barrios da cidade, principalmente do centro de Vigo e nesta ocasión o obxectivo é que os barrios máis periféricos da cidade poidan disfrutar tamén desta iniciativa.

Esta actividade enmárcase no 50 Aniversario de Vitrasa.


 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100