Actualidade
Temática: Transporte
Data de publicación: 17-10-2018
O próximo día 27 de Outubro de 2018 con motivo do “Dios Salve a la Reina Queen” no IFEVI, se porá a disposición dos usuarios un servizo especial de Lanzadeiras ao remate do concerto.
Ida Liña 9A: Saída dende Policarpo Sanz, 40.
Percorrido por: Policarpo Sanz, 40, Colón, Urzaiz, Travesía de Vigo (Choróns) Jenaro de la Fuente, e Avda. do Aeroporto.
Frecuencia de 30 minutos, aos 05m e 35m de cada hora.
Ó remate do festival porase un SERVIZO ESPECIAL: Dende o IFEVI ata Colón.
TRANSBORDOS:
Cara Travesía de Vigo, poderán realizar transbordo coa liña N1 e N2 en Travesía de Vigo, 8 (Choróns) frecuencia de 30 minutos.
Cara Praza América – Castelao – Navia, os usuarios poderán realizar transbordo coa liña N2 en García Barbón, 7.
Cara Praza Eugenio Fadrique – Tomás Alonso - Samil coa liña N1 en García Barbón, 7.
Consulta os posibles enlaces das liñas N1 e N2 na nosa web en “Liñas e Horarios”.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100