Actualidade

Avisos

TRANSPORTE PÚBLICO: SERVIZO DE LANZADEIRA FESTIVAL ROCK CONCELLO DE VIGO

Temática: Transporte

Data de publicación: 11-10-2018

Infórmase ao público, que o próximo día 20 de Outobro de 2018 con motivo do “Festival de Rock Concello de Vigo” no IFEVI, se porá a disposición dos usuarios un servizo especial de Lanzadeiras ao remate do concerto.

 

Ida Liña 9A: Saída dende Policarpo Sanz, 40. 

Percorrido por: Policarpo Sanz, 40, Colón, Urzaiz, Travesía de Vigo (Choróns) Jenaro de la Fuente, e Avda. do Aeroporto. 

Frecuencia de 30 minutos, aos 05m e 35m de cada hora.

 

Ó remate do festival porase un SERVIZO ESPECIAL: Dende o IFEVI ata Colón.

 

TRANSBORDOS:

Cara Travesía de Vigo, poderán realizar transbordo coa liña N1 e N2 en Travesía de Vigo, 8 (Choróns) frecuencia de 30 minutos .

Cara Praza América – Castelao – Navia, os usuarios poderán realizar transbordo coa liña N2 en García Barbón, 7. 

Cara Praza Eugenio Fadrique – Tomás Alonso - Samil coa liña N1 en García Barbón, 7 .

 

Consulta os posibles enlaces das liñas N1 e N2 na nosa web en “Liñas e Horarios”.


 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100