Actualidade
Temática: Igualdade
Data de publicación: 25-09-2018
Desde a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo temos o prazer de informar que o martes, 25 de setembro, ás 20:00h, terá lugar na Casa das Artes a inauguración da exposición "A SAIA RAÍÑA". Testumuñas. Mulleres galegas enloitadas no século XXI.
Durante o acto realizarase unha visita guiada a cargo de Rita Más, directora e creadora da mostra.
"A SAIA RAÍÑA é unha exposición de testemuños, non é unha exposición fotográfica, nin unha exposición de videocreación. O meu labor non foi outro que o de escoitar e amosar, e mesmo como artellar un poema, sinto que non me pertence e que soamente o escribín". Rita Más Ybáñez. Dirección e creación.
Esta exposición poderase visitar ata o día 28 de outubro .
Casa das Artes
Policarpo Sanz, 15. Vigo
Horario:
Luns a venres de 18:00 a 21:00 h
Sábados de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 h
Domingos e festivos de 12:00 a 14:00 h
A invitación á inauguración e o díptico informativo pódense descargar nos arquivos adxuntos
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100