Actualidade

Avisos

TRANSPORTE PÚBLICO: CORTE DE TRÁFICO POR OBRAS L-18 SALGUEIRA CAMIÑO ESPADEIRA CAMIÑO COUTADAS

Temática: Transporte

Data de publicación: 07-09-2018

Informamos de que, os vindeiros días 7 -dende as 10:00 horas aproximadamente-, 8 e 9 de setembro, a liña L18 realizará os seguintes desvíos por obras:

 

  • Dende Praza de España dirección Sárdoma: Mantelas, baixada Salgueira, Camiño Carreiros (xirando á dereita, sen chegar a Miraflores), baixada A Laxe, Leira Aires, Fonte Santa, dando volta na rotonda (Centro Comercial Gran Vía), onde se realizará o inicio e o fin do percorrido. Non chegará a Miraflores.
  • Desde Sárdoma dirección Gran Vía: Centro Comercial Gran Vía, Miradoiro, Camiño Freixeiro, Leira Aires, baixada A Laxe, ambulatorio, Camiño Carreiros, baixada Salgueira; a continuación entrará no Grupo Sindical xirando á esquerda para voltar por Salgueira, Provincial e continuará o seu percorrido habitual.

 

Realizará as saídas dende o Centro Comercial Gran Vía aos 28 minutos de cada hora.


 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100