Actualidade
Temática: Normalización Lingüística
Data de publicación: 20-07-2018
Un novo programa de dinamización da lingua galega nace este verán... OS LIBROS AO SOL.
Unha campaña de fomento da lectura en galego dirixido a todos os treitos de idade: infantil, xuvenil e adulto.
Os libros ao sol é unha biblioteca que achega á praia, concretamente na Argazada (no paseo de Samil) libros e actividades durante o mes de xullo.
É un programa das concellarías de Xuventude e Normalización Lingüística que conta coa colaboración das editoriais Elvira, Galaxia, Ir Indo e Xerais.
(Normas de funcionamento e libros)
En horario de mañá (de 10.00 a 13.30 h) e de tarde (de 16.00 a 20.00 h) estará á disposición de quen o desexe unha ampla variedade de libros de todos os xéneros e, asemade, haberá contos, cantos, música, xogos... agasallos e concursos
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100