Actualidade

Avisos

Curso de escritura creativa para adultos. Obradoiro literario "Aliteraclara" (aínda non está aberto o prazo de inscrición)

Temática: Normalización Lingüística

Data de publicación: 19-07-2018

DATAS: 1, 8, 29 de outubro; 5, 12, 19, 26 de novembro; 3 de decembro de 2018 (total do curso: 8 días)

HORARIO: de 18:30 a 21:00

LUGAR: Oficina Municipal de Distrito de Casco Vello (rúa Oliva, 12) {Espazo cedido gratuitamente polo Concello de Vigo coa colaboración da Concellaría de Participación Cidadá}

O curso é gratuíto.

NOTA INFORMATIVA:

Para se inscribir: aínda non está aberto o prazo de inscrición.

Anunciarase a apertura do prazo de inscrición coa suficiente antelación, así como os datos que deberán achegar e o xeito de anotarse ao curso.

PROGRAMA DO CURSO:

1.- Coñeceremos os elementos para dar forma ao texto.

2.- Utilizaremos pequenos textos de autoras e autores de estilos diferentes para facer unha lectura crítica sobre eles.

3.- Elaboraremos textos literarios propios en cada sesión.

4.-Aprenderemos a crear personaxes e situacións literarias.

5.-Faremos un exercicio de síntese, aprenderemos a desprendernos do que sobra no texto unha e outra vez ate atopar a verdadeira esencia da escrita.

Documentación

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100