Actualidad
Temática: Normalización Lingüística
Fecha de publicación: 19-07-2018
DATAS: 1, 8, 29 de outubro; 5, 12, 19, 26 de novembro; 3 de decembro de 2018 (total do curso: 8 días)
HORARIO: de 18:30 a 21:00
LUGAR: Oficina Municipal de Distrito de Casco Vello (rúa Oliva, 12) {Espazo cedido gratuitamente polo Concello de Vigo coa colaboración da Concellaría de Participación Cidadá}
O curso é gratuíto.
NOTA INFORMATIVA:
Para se inscribir: aínda non está aberto o prazo de inscrición.
Anunciarase a apertura do prazo de inscrición coa suficiente antelación, así como os datos que deberán achegar e o xeito de anotarse ao curso.
PROGRAMA DO CURSO:
1.- Coñeceremos os elementos para dar forma ao texto.
2.- Utilizaremos pequenos textos de autoras e autores de estilos diferentes para facer unha lectura crítica sobre eles.
3.- Elaboraremos textos literarios propios en cada sesión.
4.-Aprenderemos a crear personaxes e situacións literarias.
5.-Faremos un exercicio de síntese, aprenderemos a desprendernos do que sobra no texto unha e outra vez ate atopar a verdadeira esencia da escrita.
Ayuntamiento de Vigo
Plaza del Rey 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100