Actualidade

Avisos

Actividades de "No verán... un conto"

Temática: Normalización Lingüística

Data de publicación: 20-07-2018

Desde o 2 de xullo ao 31 de agosto de 2018

Chega unha nova edición do programa No verán... un conto

Programa de dinamización da lingua galega a través de contos, monicreques e música.

Dirixido: a nenos e nenas de máis de 3 anos, público familiar e persoas adultas (as regueifadas)

Lugares: Navia, praza da Independencia, Calvario, rúa Londres (detrás do MARCO), Bouzas, Teis, praza dos Ratos, A Miñoca, Castrelos e Samil (pola zona da praia da Argazada).

Actividades con diversos formatos: música, contacontos, monicreques, xogos tradicionais, obradoiros, regueifas, etc.

Colaboran: mercados municipais do Calvario e Teis; ACECA, AETRAVI, Asociación de Comerciantes de Teis, Asociación de Comerciantes Vigo Centro, Asociación Veciñal NovoVigo, Asociación Veciñal do Casco Vello, Asociación Veciñal da Miñoca, Asociación Cultural Vila de Bouzas.

Documentación

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100