Actualidade
Temática: Normalización Lingüística
Data de publicación: 29-06-2018
SÁBADO, 30 DE XUÑO DE 2018
Hora de saída: ás 11:00 (só poden asistir as persoas previamente inscritas)
Punto de encontro: saída desde a entrada na ponte de Toralla (no paso de peóns)
Duración aproximada: entre 1 hora e media e 2 horas (levar calzado cómodo)
Inscrición: deben chamar ao teléfono 986 81 02 81 de 9:00 a 13:30 h
Prazo de inscrición: dende o luns 25 de xuño e ata completar as prazas
PERCORRIDO: é un percorrido circular que se poderá facer pola area da praia e/ou polos sendeiros con táboas de madeira habilitados nas dunas. A marea estará baixa durante a andaia.
O percorrido será: praia do Vao, praia do Baluarte, e praia da Fontaíña. Remataremos o percorrido de ida no cruceiro e na estatua da “sereíña” (no extremo norte da Fontaíña) e logo, regresaremos. Durante o camiño realizaranse paradas e falaremos dos lugares onde se desenvolve a novela, da historia de illa de Toralla, do Vigo romano, da tradición mariñeira, dos areais e da toponimia da zona.
Tamén se lerá algún extracto da novela.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100