Actualidad

Avisos

Percorrido literario A VOZ DAS NEREIDAS-PRAIAS guiado polo autor da novela, Santiago Lopo o día 30 xuño 2018 (é necesaria inscrición previa). ACTIVIDADE ADIADA POLO MAL TEMPO. PROXIMAMENTE INFORMAREMOS SOBRE A NOVA DATA DE REALIZACIÓN DO PASEO.

Temática: Normalización Lingüística

Fecha de publicación: 29-06-2018

SÁBADO, 30 DE XUÑO DE 2018

Hora de saída: ás 11:00 (só poden asistir as persoas previamente inscritas)

Punto de encontro: saída desde a entrada na ponte de Toralla (no paso de peóns)

Duración aproximada: entre 1 hora e media e 2 horas (levar calzado cómodo)

Inscrición: deben chamar ao teléfono 986 81 02 81 de 9:00 a 13:30 h

Prazo de inscrición: dende o luns 25 de xuño e ata completar as prazas

PERCORRIDO: é un percorrido circular que se poderá facer pola area da praia e/ou polos sendeiros con táboas de madeira habilitados nas dunas. A marea estará baixa durante a andaia.

O percorrido será: praia do Vao, praia do Baluarte, e praia da Fontaíña. Remataremos o percorrido de ida no cruceiro e na estatua da “sereíña” (no extremo norte da Fontaíña) e logo, regresaremos. Durante o camiño realizaranse paradas e falaremos dos lugares onde se desenvolve a novela, da historia de illa de Toralla, do Vigo romano, da tradición mariñeira, dos areais e da toponimia da zona.

Tamén se lerá algún extracto da novela.

Documentación

 

Ayuntamiento de Vigo

Plaza del Rey 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100