Actualidad

Avisos

Programa VIGO ARRÓLATE, xullo 2018 (é necesaria inscrición previa)

Temática: Normalización Lingüística

Fecha de publicación: 20-07-2018

O prazo de inscrición comeza o martes 19 de xuño (inclusive), ata esgotar as prazas

VIGO ARRÓLATE é un programa dirixido a vós, familias que estades a preparar a chegada dunha ou dun novo membro, ou que acabades de o ter ou adoptar.

É unha proposta de dinamización da lingua galega a través de contos e música.

Actividades que agardamos sexan do voso interese e contarmos así coa vosa presenza e suxestións. As crianzas van ver en vós un espello, ides ser o modelo a seguir. O que lles faledes, cantedes, contedes, leades... vai prender nelas como xermolo do seu mañá. E queremos que ese xermolo prenda na lingua de noso, que acompañe os nosos cativos e cativas no seu medrar porque no seu futuro está tamén o da nosa lingua.

Vigo arrólate son contadas, música, xogos... para compartirdes coas vosas crianzas.

Estas actividades fanse en colaboración coa Concellaría de Xuventude e coa Biblioteca Neira Vilas.

En documentación está:

1.-Toda a información das actividades (data, lugar, horario, para quen van dirixidas, por quen son realizadas e xeito de anotarse) no "cartel das actividades".

2.-Amais tamén está a súa sinopse.

Documentación

 

Ayuntamiento de Vigo

Plaza del Rey 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100