Actualidade

Avisos

TRANSPORTE PÚBLICO: ENSAIO NOVO SERVIZO ÚLTIMO VOO DE PEINADOR

Temática: Transporte

Data de publicación: 04-04-2018

Infórmase de que, durante o mes de abril, poráse en marcha, a modo de proba, unha ampliación de servizo da liña L9A, que dará servizo aos pasaxeiros que chegan a Vigo no último voo da xornada.

Permanecerá en periodo de proba durante todo o mes de abril co obxectivo de poder formalizalo posteriormente segundo a demanda. 


O novo servizo non terá un horario fixo, senón que esperará á chegada do voo. Así, estes pasaxeiros sempre dispoñerán dun autobús para acceder ao centro da cidade. 


O percorrido que fará este novo servizo será o seguinte:


- Aeroporto Peinador

- Avenida do Aeroporto

- Xenaro da Fonte

- Travesía de Vigo (Choróns)

- Urzaiz

- Policarpo Sanz

- Pi y Maragall

- López Mora

- Praza América

- Avenida Florida

O servizo realízase todos os días da semana excepto os sábados (único día no que actualmente non hai chegada de voos a partir das 23:07).


Este servizo terá un carácter express dado que únicamente recollerá viaxeiros no Aeroporto de Peinador.


 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100