Actualidade

Avisos

Percorrido literario "Barricadas de sal" guiado polo autor da novela, Francisco Castro, o sábado 21 de abril (Pechado o prazo de inscrición. COMPLETAS TODAS AS PRAZAS)

Temática: Normalización Lingüística

Data de publicación: 15-04-2018

SÁBADO, 21 DE ABRIL DE 2018

Hora de saída: ás 11:00 (só poden asistir as persoas previamente inscritas)

Punto de encontro: saída diante da porta principal do mercado de Teis (rúa Toural de Abaixo cara á Sanjurjo Badía)

Duración aproximada: entre hora e media e dúas horas (cómpre levar calzado cómodo)

Inscrición: deben chamar ao teléfono 986 81 02 81 de 9:00 a 14:30 h

Prazo de inscrición: dende o día 16 de abril e ata completar as prazas

O paseo literario dará comezo na explanada que hai xusto diante da entrada principal do mercado de Teis.

Dende aí baixaremos pola rúa Purificación Saavedra, escenario na novela e de moitas escaramuzas entre os obreiros dos estaleiros en folga e a policía.

De seguido seguiremos baixando pola rúa Enrique Lorenzo ata chegar diante das Factorías Vulcano, estaleiro que ten un gran protagonismo na novela pois o protagonista é un dos represalaiados polas folgas obreiras de 1972.

Subiremos logo ata as Casas Baratas de "Vichita" para ir subindo, de vagariño, ata a capela da Guía onde falaremos de González Román, o arquitecto que a deseñou e importante galeguista nos tempos de Franco.

Faremos algunha parada para coller forzas e, sobre todo, gozar da vista marabillosa e completa da Ría de Vigo dende Cíes ata Rande.

Entraremos na Carballeira da Guía, un dos escenarios cruciais da novela, para gozala e para encetar a derradeira etapa do roteiro cara a praia da Punta, onde o daremos por finalizado.

Alí sae un Vitrasa (n.º 17-sae a en punto de cada hora-) que percorre case todo Vigo e que pode servir para que quen o desexe volva en autobús para comer.

Documentación

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100