Actualidad

Avisos

Percorrido literario "Entre os dous hai un río\" do 7 de abril (NON HAI PRAZAS VACANTES. ESGOTADAS TODAS AS PRAZAS)

Temática: Normalización Lingüística

Fecha de publicación: 26-03-2018

SÁBADO, 7 DE ABRIL DE 2018

Hora de saída: ás 11:00 (só poden asistir as persoas previamente inscritas)

Punto de encontro: saída desde diante do mercado do Calvario

Duración aproximada: entre 1 hora e media e 2 horas (cómpre levar calzado cómodo)

Guiado pola autora da novela: María Lado Lariño

Inscrición: Deben chamar ao teléfono 986 81 02 81 de 9:00 a 14:30 h

Prazo de inscrición: Dende o día 2 de abril e ata completar as prazas

Visitaremos os escenarios que aparecen na novela coa que María Lado colaborou na colección Historias para coñecermos Vigo. Trátase de lugares relevantes histórica e socialmente na vida de Lavadores e que percorren tamén Cris, Lu e Roi, os tres protagonistas da novela. Sitios como a rúa da Redomeira, que está na orixe da barrio; o mercado do Calvario e as rúas que o rodean; a sede do antigo concello; escolas Nieto ou a fábrica de porcelanas de Santa Clara, entre outras. Nestas paradas aproveitaremos para saber da historia deste barrio que foi concello.

Documentación

 

Ayuntamiento de Vigo

Plaza del Rey 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100