Actualidade

Avisos

TRANSPORTE PÚBLICO: Os autobuses de Vigo permitirán ás mulleres que viaxen soas baixarse entre paradas nos servizos nocturnos

Temática: Transporte

Data de publicación: 15-02-2018

O Concello de Vigo e VITRASA porán en marcha medidas para protexer ás mulleres a partir de mañá venres 16 de febreiro co obxectivo de incrementar a súa seguridade nos traxectos nocturnos.

Dende as 22:30h da noite e ata as 06:30h da mañá, todas as mulleres que viaxen soas en horario nocturno poderán beneficiarse da opción das paradas a demanda achegándose ao condutor e indicando, coa antelación necesaria, o punto no que desexan baixarse, sempre que non supoña un perigo para a circulación. Unha vez que cheguen ao destino desexado, empregarán a porta dianteira para baixarse.

O Concello de Vigo e Vitrasa traballan conxuntamente na posta en marcha desta iniciativa que converterá a Vigo na primeira cidade galega e nunha das primeiras de España en implantala, dende o convencemento de que contribuirá a incrementar a percepción de seguridade das mulleres e a evitar incidentes.  

Compromiso coas mulleres

Esta medida ven sumarse ás diferentes iniciativas postas en marcha en prol da igualdade por parte de Vitrasa, que xa ano 2008 activou un Plan de Igualdade de Oportunidades e Non Discriminación. Recentemente, en marzo de 2017, foi a primeira empresa de transporte de viaxeiros en subscribir o Protocolo contra a violencia de xénero, recibindo formalmente a Acreditación que a recoñece como empresa socialmente responsable.


 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100