Actualidade

Avisos

Cursos de lingua galega Celga en Vigo (é necesaria inscrición previa)

Temática: Normalización Lingüística

Data de publicación: 22-02-2018

A Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca, con carácter gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios das probas/exames para obter os certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4 (ED104B).

Para as dúbidas sobre estes cursos deben chamar ao teléfono de información da Xunta de Galicia 012 ou ao teléfono: 986 80 51 88

Prazo de presentación de solicitudes: 07/02/2018 - 26/02/2018

Os cursos que se convocan na modalidade presencial en Vigo son os niveis Celga 3 e 4.

Os que se convocan na modalidade de teleformación son os niveis Celga 1 e 4

No caso dos 10 cursos de teleformación a inscrición debe facerse exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, no que tamén estarán a disposición da cidadanía os formularios de solicitude dos cursos presenciais.

Ligazón coa web da Xunta da Galicia con toda a información (sede electrónica)

Ligazón co Portal da Lingua Galega da Xunta de Galicia

A quen van dirixidos?

Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas/exames que a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca periodicamente para certificar a competencia nesta lingua.

Documentación

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100