Actualidade

Avisos

TRANSPORTE PÚBLICO: CORTE DE TRÁFICO NA RÚA SAN PAIO

Temática: Transporte

Data de publicación: 15-11-2017

O próximo día 15 de Novembro de 2017, dende as 10:00h e por un periodo dunha semana aprox. córtase ó tráfico a rúa San Paio, a liña L12A desviarase do seguinte xeito:

Dirección Saiáns: Dende a Rúa San Paio por Rúa Alameda Emilio Crespo, Rúa Pedra Seixa, Rúa Ulfas, Ricardo Mella e ruta normal.

Dirección Centro: Dende Ricardo Mella por Xuncal, Rúa San Paio e ruta normal.

 

Paradas anuladas (Tramo comprendido entre Alameda San Paio e R. Mella cruce Camiño Muiños):

San Paio nº 194, nº 228, nº 242, nº 284, Torreiro, Igrexa e Cruce Camiño Quintela.

Camiño Muiños nº 74 e nº 75.

 

Parada provisionáis: 

Dirección Saiáns:

Camiño Xuncal con Rúa San Paio (Alameda).

Ricardo Mella cruce Muiños (Parada ATSA). 

Dirección Centro:

Ricardo Mella (Frente parada ATSA – Bar Vía 109).

Camiño Xuncal con Rúa San Paio (Alameda).


 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100