Actualidade

Avisos

TRANSPORTE PÚBLICO: CORTE DE TRÁFICO NA RÚA ÁLVARO CUNQUEIRO

Temática: Transporte

Data de publicación: 13-11-2017

A partir do próximo día 13 de novembro de 2017 ás 10.00h, córtase ao tráfico a rúa Álvaro Cunqueiro, no tramo comprendido entre Camelias e José Frau por obras. Ata o fin das mesmas (aproximadamente 2 semanas) as liñas terán os seguintes cambios: 

  • Liñas que circulan por Camelias: 4A, 4C, L7, L11, L12B, L17, L27. 

Dirección Praza América desde Camelias estarán desviadas por Álvaro Cunqueiro, Regueiro e Pintor Laxeiro  sen afectar a NINGUNHA PARADA. 

Dirección Centro: Non afecta ao seu percorrido 

  • Liñas que circulan por Pi i Margal: L5A, L5B, L8, L12A, H1. 

Dirección López Mora e centro da cidade, estarán desviadas, quedando anulada a parada de Álvaro Cunqueiro 30. 

Dende o centro cara López Mora: non afecta ao seu percorrido.


 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100