Actualidade

Avisos

VIGO ARRÓLATE!!!

Temática: Normalización Lingüística

Data de publicación: 27-09-2017

VIGO ARRÓLATE! é un programa dirixido a vós, familias que estades a preparar a chegada dunha ou dun novo membro, ou que acabades de o ter ou adoptar.

É un momento de cambios, e queremos achegarvos (in)formación para esta nova etapa que encetades; actividades que agardamos sexan do voso interese e contarmos así coa vosa presenza e suxestións.

As crianzas van ver en vós un espello, vades ser o modelo para seguir. O que lles falades, cantedes, contedes, leades... van prender nelas como xermolo do seu mañá. E queremos que ese xermolo prenda na lingua de noso, que acompañe os nosos cativos e cativas no seu medrar porque no seu futuro está tamén o da nosa lingua.

Vigo arrólate! son obradoiros, charlas, contadas, música, xogos... para compartirdes coas vosas crianzas e para garantirlle Mil primaveras máis á nosa lingua!

De seguido, en documentación, está toda a información sobre os obradoiros, charlas, etc., que se van realizar.

Documentación

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100