Actualidade
Temática: Transporte
Data de publicación: 19-09-2017
Debido á boa acollida que tivo o anuncio da gratuidade do Bus Turístico os vindeiros días 23 e 24 de setembro no marco da Semana Europea da Mobilidade, será necesario pedir cita previa indicando o nome das persoas interesadas, o Documento Nacional de Identidade e o horario no que desexan realizar o traxecto (10:00, 12:00, 16:30 ou 18:30 horas).
A cita pódese solicitar por vía telefónica no 986 20 74 74 en horario de 09.00 a 14.00 horas dende o mércores 20 ao venres 22 de setembro, ambos inclusive.
No momento de acceder ao Bus Turístico será necesario ensinar o DNI para confirmar a inscrición.
En total hai dispoñibles 560 prazas para os dous días (70 prazas por viaxe) que se asignarán por orde de inscrición ata completar o aforo. Con esta medida, Vitrasa quere garantir o desenvolvemento normal das dúas xornadas, evitando problemas de aforo que poidan causar incomodidades aos usuarios.
Moitas grazas.
VITRASA
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100