Actualidade
Temática: Normalización Lingüística
Data de publicación: 14-09-2017
Destinado a persoas que desexen ampliar coñecementos sobre os recursos lingüísticos que a informática pon ao dispor da lingua galega. Non se requiren coñecementos de informática, pero convén ter familiaridade na utilización de internet.
Contidos: perséguese un achegamento ao uso integrado do conxunto de ferramentas. O programa organízase en 3 bloques diferenciados:
- Verificación da corrección lingüística
- Aplicacións da tradución automática
- Dicionarios, repertorios terminolóxicos e bancos de datos textuais
Pódese consultar unha proposta pormenorizada para o desenvolvemento do programa consonte esta organización en http://sli.uvigo.gal/aulas/anl/
Datas e horario: 25, 26, 27, 28 de setembro e 2, 3, 4, 5 de outubro de 2017 (de 18:30 a 21:00). Total: 20 horas
Lugar: planta baixa [aula de informática] do Centro Local de Emprego e das Ocupacións (edificio Fernando Carreras, da rúa Areal-O Porto {antiga reitoría})
{Espazo cedido gratuitamente polo Concello de Vigo coa colaboración da Concellaría de Participación Cidadá}
Para inscribirse deben enviar un correo electrónico a actividades.snl@vigo.org cos seus datos (nome completo e teléfono). Cómpre poñer no asunto: obradoiro recursos informáticos
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100