Actualidade

Avisos

Normas para participar como entidade patrocinadora na iluminación ornamental da cidade de Vigo

Temática: Comercio

Data de publicación: 30-06-2017

Ao obxecto de facer chegar a iluminación e a ornamentación ao maior número de espazos posibles e tras recibir numerosas peticións de entidades privadas, o goberno municipal decidiu formalizar contratos de patrocinio con estas, materializando o compromiso do sector privado a contribuír e colaborar na tradicional decoración do Nadal da cidade. Deste xeito, o Concello de Vigo ofrece a posibilidade de patrocinar diferentes elementos decorativos ou artísticos de gran porte con temática navideña (árbores, figuras, rótulos...).

O prazo de presentación de solicitudes está comprendido entre o 1 de xullo e o 15 de outubro de 2017.

Documentación

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100