Actualidade

Avisos

Obradoiro de escritura creativa para rapazada entre 8 e 12 anos

Temática: Normalización Lingüística

Data de publicación: 05-06-2017

A Concellaría de Normalización Lingüística e a A.VV. Novo Vigo organizan este obradoiro gratuíto para a rapazada entre 8 e 12 anos

Datas: martes 18 e xoves 20 de xullo de 2017, de 11:00 a 13:00

Lugar: no local da A.VV. Novo Vigo (rúa As Teixugueiras, 11-portal 6 oficina 9-B)

Condicións da inscrición:

-A inscrición farase enviando un correo electrónico a info@avvnovovigo.org (co seu nome completo e teléfono). Poñer no asunto do correo: curso de escritura creativa

-Prazo de inscrición: dende o día 12 de xuño e ata completar as prazas

-A inscrición será exclusivamente a través deste correo electrónico e ata completar as prazas por rigorosa orde de entrada do correo

-A A.VV. (Telf.: 688 936 213) contestará a cada correo electrónico se están admitidos/as ou non, e serán as persoas que SI teñan praza

-As solicitudes que se realicen con anterioridade ao inicio do prazo de inscrición non serán tidas en conta

-As solicitudes de inscrición que non conteñan todos os datos solicitados non serán tidas en conta

Desenvolve este obradoiro: Xabier Xil Xardón

O alumnado traballará en grande grupo e de xeito individual.

Seguiremos unha metodoloxía lúdico-descritiva en que o docente desenvolverá o rol de guía, moderador e facilitador. Procuraremos crear un clima de motivación e a participación activa de todo o alumnado. Botaremos man de dinámicas iniciais de distensión, narración oral, explicacións, debates, e exercicios de escrita creativa.

Documentación

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100