Actualidad

Avisos

Curso de Celga 1 en liña

Temática: Normalización Lingüística

Fecha de publicación: 09-03-2017

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca dous cursos en liña preparatorios da proba do Celga 1.

Trátase de cursos de nivel elemental de lingua, pensados para persoas que non teñen ningún coñecemento de galego. Son voluntarios e gratuítos, non darán dereito a certificación de ningún tipo nin a ningunha acreditación de horas. Cunha duración de 10 semanas, celebraranse entre o 3 de abril e o 9 de xuño de 2017.

O prazo de matrícula vai do 9 ao 23 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos.

Matrícula:

As persoas que desexen participar nestes cursos deberán enviar unha mensaxe electrónica ao enderezo sxpl.formacion@xunta.gal

Na mensaxe indicarán:

Nome e apelidos da persoa solicitante

DNI con letra

Enderezo electrónico e teléfono de contacto

Lugar de residencia

Nivel de estudos

Requisitos:

As persoas solicitantes deberán ter máis de 16 anos e dispor dun equipo informático que cumpra, como mínimo, os seguintes requisitos técnicos:

Conta de correo electrónico

Ordenador con conexión a Internet

Navegador web co plugin de flash

Criterios de selección:

A selección farase por rigorosa orde de matrícula ata cubrir o número aproximado de 50 persoas por curso.

Información sobre este curso de Celga

Teléfono: 881 996 313 /881 996 310 / 881 996 308

Fax: 881 996 306

Enderezo electrónico: sxpl.probascelga@xunta.gal

Enderezo físico:

R/ San Roque, n.º 2

15704 - Santiago de Compostela (A Coruña)

Documentación

 

Ayuntamiento de Vigo

Plaza del Rey 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100