Actualidade
Temática: Xuventude
Data de publicación: 17-01-2017
Destinatarios: Monitores de tempo libre, educadores no tempo libre e en xeral, formadores no tempo libre con adolescentes. Deberán documentar a súa formación e/ou experiencia no ámbito do tempo libre. Empadroados no Municipio de Vigo. Idade mínima: 18 anos.
Contidos: habilidades para traballar con adolescentes. Estratexias de intervención eficaces. Prevención do acoso. A mediación como estratexia de resolución práctica de conflitos. Redes sociais, videoxogos e internet. Seguridade en internet. Adicción a videoxogos. Consecuencias na conducta e na resposta sexual dos e das adolescentes. A pornografía en internet. Sexting.
Duración: 30 horas. Prazas: 20.
Datas: 3,4 / 10,11 / 17,18 / 24,25 de febreiro e 3 de marzo. (Venres de 17 a 20 horas e sábados de 10 a 13,30 horas.)
Prescrición e documentación: A prescrición poderá realizarse de xeito presencial ou vía mail. Por orde de inscrición e a partir do día 17 de xaneiro, a partir das 10hs. Non se formalizará ata comprobación da documentación e requisitos. Deberán aportar (presencial ou via mail) volante de estar empadroado en Vigo, fotocopia do DNI e a documentación sobre formación e/ou experiencia no tempo libre. Vía mail a través do correo electrónico: xuventude@vigo.org.
Máis información: Casa da Xuventude: López Mora, 31. Teléfono: 986294806. Web: xuventude.org
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100