Actualidade

Avisos

Terceiro programa para arrumbar medianeiras e outros elementos verticais

Temática: Patrimonio Histórico

Data de publicación: 07-12-2016

Obxecto do programa: 1. Tratar con pintura ou murais decorativos as medianeiras das edificacións. 2. Embelecer con expresións artísticas os espazos libres de titularidade pública co fin de mellorar a paisaxe urbana. 3. Coa colaboración dos colexios e institutos da cidade, decorar aqueles paramentos exteriores cos debuxos do alumnado. 4. Durante a fase de execución dos murais desenvolver en toda a cidade unha serie de actividades artístico-culturais. Ábrese o prazo dun mes para a petición de actuacións en medianeiras, muros e demais espazos libres que conforman a paisaxe urbana. Poden presentar propostas as persoas propietarias, asociacións veciñais, culturais, sociais, sociedades e, en xeral, calquera persoa interesada. Cando as propostas veñan subscritas polas persoas propietarias dos inmobles deberán xuntar título de propiedade e autorización da comunidade de propietarios que se inclúe como ANEXO I. Durante este mesmo prazo, as institucións educativas interesadas en participar no programa, colexios e institutos, achegarán solicitude de participación que se relaciona como ANEXO II. Os artistas ou grupos de artistas relacionados coa creación artística contemporánea local, interesados en participar no Programa, achegarán a súa traxectoria profesional, coa inclusión dalgunha das súas obras, así como os ANEXOS III e IV. As propostas irán dirixidas á Concellería de Patrimonio Histórico, Casa do Concello, Praza do Rei, 1, 36202 Vigo.

Documentación

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100