Actualidade

Avisos

Curso de escritura creativa para adultos. Obradoiro literario "Aliteraclara"

Temática: Normalización Lingüística

Data de publicación: 26-09-2017

Organizado pola Concellaría de Normalización Lingüística e impartido pola escritora Clara do Roxo.

*Coñeceremos os elementos para dar forma ao texto.

*Utilizaremos pequenos textos de autoras e autores de estilos diferentes para facer unha lectura crítica sobre eles.

*Elaboraremos textos literarios propios en cada sesión.

*Aprenderemos a crear personaxes e situacións literarias.

*Faremos un exercicio de síntese, aprenderemos a desprendernos do que sobra no texto unha e outra vez ate atopar a verdadeira esencia da escrita.

Información no 696 154 203

DATAS:

nivel 1: 9, 16, 23, 30 de outubro de 2017

nivel 2: 6, 13, 20, 27 de novembro de 2017 (para facer o nivel 2, é obrigatorio ter feito o nivel 1)

HORARIO: de 18:30 a 21:00

LUGAR: Oficina Municipal de Distrito de Casco Vello (rúa Oliva, 12) {Espazo cedido gratuitamente polo Concello de Vigo coa colaboración da Concellaría de Participación Cidadá}

Para se inscribir deben enviar os seus datos (nome completo, teléfono, DNI e datas nas que fixo o nivel 1) ao correo electrónico claradoroxo@gmail.com

Documentación

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100