Actualidade
Temática: Patrimonio Histórico
Data de publicación: 30-12-2015
Segundo programa para arrumbar medianeiras e outros elementos verticais con incidencia sobre a vía pública, e demais espazos libres que conforman a paisaxe urbana.
Ábrese o prazo dun mes para a petición de actuacións en medianeiras, muros e demais espazos libres que conforman a paisaxe urbana.
Poden presentar propostas as persoas propietarias, asociacións veciñais, culturais, sociais, sociedades e, en xeral, calquera persoa interesada.
Cando as propostas veñan subscritas polas persoas propietarias dos inmobles deberán xuntar título de propiedade e autorización da comunidade de propietarios que se inclúe como ANEXO I.
Durante este mesmo prazo, as institucións educativas interesadas en participar no programa, colexios e institutos, achegarán solicitude de participación que se relaciona como ANEXO II.
Os artistas ou grupos de artistas relacionados coa creación artística contemporánea local, interesados en participar no Programa, poderán achegar en calquera momento xustificación da súa traxectoria profesional.
As bases do programa, nas que se atopan os anexos referidos, e o plazo de presentación publicaranse próximamente no apartado de Convocatorias e Subvención da sede electrónica.
As propostas irán dirixidas á Concellería de Urbanismo e Patrimonio Histórico, Casa do Concello, Praza do Rei, 1, 36202 Vigo.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100