Escudo Concello de Vigo
O goberno de Vigo ten en marcha humanizacións por valor de 25 millóns
O Concello está a executar unha quincena de obras por 17,7 millóns de euros e prevé iniciar nas próximas semanas outras oito humanizacións por 7,3 millóns máis, en total, 23 melloras e 25 millóns de euros. Abel Caballero explicou que este investimento, que non inclúe Gran Vía ou Porta do Sol, é comparable ao do Plan E.
Os bombeiros revisarán ata mañá ás 16,00 h as 31 cacharelas que solicitaron autorización
O alcalde de Vigo deu conta esta mañá do inicio dos traballos de inspección das 31 fogueiras que se solicitaron este ano. O servizo de bombeiros realizará tarefas de revisión ata mañá ás 16,00 h para expedir as pertinentes autorizacións.
O rexedor destaca o apoio social e científico da candidatura Cíes Patrimonio da Humanidade
Foto noticia Na inauguración do I Congreso "Cíes Patrimonio" o alcalde destacou o apoio social e científico do que goza a candidatura, "esenciais para que logremos a máxima protección". Un dos poñentes, o experto Jorge Cortés, valorou o "rigor científico" do proxecto impulsado por Vigo e mostrouse seguro do seu éxito.
Vigo, entre as cinco cidades españolas recoñecidas polo Observatorio dos Servizos Urbanos
O alcalde puxo en valor esta distinción dos servizos públicos de Vigo, que están "entre os mellores de España". O Observatorio cita a León, Huelva, valencia, San Sebastián de los Reyes e a Vigo, de quen destaca en particular "a xestión equilibrada dos seus orzamentos e servizos públicos".
Os datos do INE confirman en maio a consolidación da "pata económica" do turismo en Vigo
O alcalde cualificou esta mañá de "magníficos" os datos que vén de facer públicos o INE sobre o turismo en Vigo que confirman que as pernoctacións rexistradas en maio son as máis altas desde que hai rexistros oficiais.
As 4.000 entradas para o concerto de OT en Castrelos esgotáronse na mañá que foron postas á venda
O alcalde avanzou esta mañá que as 4.000 entradas postas a venda esta mañá para o concerto de OT esgotáronse "nun suspiro". En rolda de prensa o rexedor reiterou a posibilidade de que miles de persoas gocen da actuación gratuitamente desde o anfiteatro de Castrelos.
Caballero pon en valor o traballo realizado en Vigo a favor da sustentabilidade da pesca
Foto noticia A V Conferencia Internacional ARVI sobre o futuro da pesca abordou os beneficios do consumo de peixe e avogou pola implantación da educación nutricional como materia obrigatoria. Durante a súa intervención no acto de apertura, Caballero puxo en valor o traballo realizado en Vigo en favor da sustentabilidade da pesca.

e ademais

noticias Impresión e pagamento de recibos na web do Concello
A web municipal permítelles aos cidadáns pagar os recibos das taxas e impostos municipais mediante o uso do pagamento electrónico a través de Internet.

Últimos avisos de Tráfico do Concello de Vigo

Estado de tráfico en Tempo Real

Principais trámos de tráfico lento / moi lento:

  • Castrelos desde Pl América ata Antonio Palacios (2 min. 52 seg.)
  • Urzáiz desde Vía Norte ata Pizarro (1 min. 50 seg.)
  • Areal desde República Argentina y Colón ata Policarpo Sanz (1 min. 47 seg.)

Ver Tráfico en tempo real

Cíes Patrimonio Banner

Atención cidadá

Sugerencias y Quejas
010
986 810 260
Suxestións e Queixas

Aviso

Programa municipal de axudas de libros e material escolar 2018

Turismo de Vigo